REUNIÓN ENTRE FEGATRAMER E O CONSELLEIRO E A DIRECTORA XERAL DE MOBILIDADE
Xullo 19, 2024
Publicouse hoxe no DOUE o Regulamento (UE) 2024/1257 do Parlamento Europeo e do Consello do 24 de abril de 2024, relativo á homologación de tipo dos vehículos de motor e os motores e dos sistemas, compoñentes e unidades técnicas independentes destinados a eses vehículos no que respecta a as súas emisións e á durabilidade das baterías (Euro 7)
Esta nova norma, coñecida como Regulamento Euro 7, establece medidas máis adecuadas en relación coas emisións dos vehículos e ten por obxecto reducir aínda máis as emisións de contaminantes atmosféricos procedentes do transporte por estrada.
O Regulamento reduce os límites de emisións Euro 6 para os autobuses e camións (entre eles, para algúns contaminantes que non estaban regulados na norma Euro 6 como o óxido nitroso), establece normas para as emisións de gases de escape dos vehículos de estrada, e introduce límites para as partículas emitidas polos freos (en particular nos vehículos eléctricos) e para as emisións procedentes da abrasión dos pneumáticos, así como determina requisitos de durabilidade para as baterías e de vida útil do vehículo e quilometraxe.
O Regulamento entra en vigor aos vinte días da súa publicación no DOUE, aínda que prevé que entre en vigor 48 meses despois da súa publicación para os novos tipos de autobuses, camións e remolques (así como para os sistemas, compoñentes ou unidades técnicas independentes novos que vaian instalarse en autobuses), e 60 meses para os vehículos novos.
Deixa o teu Comentario