Nesta Política de Privacidade, proporcionamos información sobre o uso que a
Asociación Coruñesa de Transportes Discrecionais e Especiais (doravante ACOTRADES)
fará cos seus datos persoais como Usuario da páxina web “www.acotrades.com” (doravante a “Web”) de acordo co Regulamento Xeral de Protección de Datos Europeo (RGPD) e a Lei 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD).
ACOTRADES é responsable de xestionar a páxina web “www.acotrades.com”, así como de promocionar todos os produtos e servizos.
O interesado que forneza a ACOTRADES datos de carácter persoal a través desta plataforma en liña ou por outras vías (por exemplo, redes sociais) está informado de que o tratamento dos seus datos é realizado por:
Responsable do Tratamento: ACOTRADES
NIF: G-15.248.859
Enderezo postal: Trav. Pastoriza, N*122, Baixo -15140 — Arteixo (A Coruña)
Teléfono: 981.132.845 / 616.954.079
Correo electrónico: correo@acotrades.com
A navegación por esta Páxina Web de “www.acotrades.com” non implica o rexistro automático de datos que permitan identificar aos Usuarios.
Acceso a contidos ou servizos nos que se solicitan datos. Sen prexuízo do anterior, para acceder ao servizo de contacto e consulta a través da Web, solicítase determinada información como: nome e apelidos, correo electrónico… Nestes casos, ACOTRADES proporcionará ao Usuario a información necesaria antes de proceder ao tratamento dos seus datos.
En calquera caso, non se recibirá o formulario que cumprimente ata que lea e preste o seu consentimento expreso ás condicións de tratamento dos seus datos persoais que especificamos explicitamente, marcando a casilla correspondente para tal fin.
ACOTRADES trata os datos persoais que lle fornecen a través da Web con diversas finalidades, que se indican a continuación:
Prestar os servizos propios da Asociación. Realizar a facturación dos mesmos.
Apresentar orzamentos con información sobre os nosos produtos e servizos.
Publicidade de Servizos/Comunicacións: ACOTRADES poderá usar os seus datos para
enviarlle información xeral e comunicacións relacionadas cos servizos propios da súa
actividade por calquera medio (postal, email ou teléfono) e invitalo a eventos
organizados pola entidade. O tratamento dos seus datos persoais con fins de
marketing ten como base legal o interese lexítimo.
Coordinar as accións en temas de interese común e particular dos profesionais
representados pola Asociación. Asistencia aos seus asociados.
A base legal para o tratamento dos datos é a lexitimación baseada no consentimento do
interesado prestado para as finalidades anteriormente descritas:
Os datos persoais proporcionados conservaranse durante o tempo necesario para cumprir
coa finalidade pola que se recollen e para determinar as posibles responsabilidades que se
pudesen derivar da finalidade.
O Usuario pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación
do tratamento, portabilidade e a non ser obxecto de decisións individuais automatizadas cando
correspondan, respecto do tratamento do que é responsable, mediante escrito dirixido a
ACOTRADES ao enderezo arriba indicado, indicando o dereito que desexa exercer, debendo
acompañar fotocopia do DNI ou documento equivalente, a fin de acreditar a súa identidade. Pode
contactar ademais coa Axencia Española de Protección de Datos.
Os datos non serán comunicados a terceiros, salvo, no seu caso, a Autoridades competentes no
exercicio das súas funcións e outras organizacións ou entidades directamente relacionadas con
ACOTRADES, no caso de ser necesario para o desempeño das funcións propias da entidade. Non están previstas transferencias internacionais de datos.
Ademais, no caso de que algunha das nosas proveedoras de servizos ou sistemas informáticos estea localizada fóra da UE, ACOTRADES adoptará todas as garantías que sexan aplicables conforme á normativa prevista para garantir unha adecuada xestión dos datos.
ACOTRADES.