CAMBIOS CERTIFICADO CONDUTORES 3ros PAISES
Xaneiro 31, 2025
O pasado xoves 18 reuníronse representantes de Fegatramer, federación á que pertence Acotrades e que foi representada por nosa presidente Lucia Loureiro, co conselleiro e a directora xeral de mobilidade da Xunta. Esta reunión enmárcase no diálogo permanente entre os representantes en materia de transportes da Xunta de Galicia cun sector fundamental para o emprego e o crecemento económico da Comunidade galega como é o transporte de mercadorías por estrada.
A Xunta, consciente da importancia e do valor social do transporte de mercadorías, segue traballando para tentar que poidan desenvolver ese labor nas mellores condicións. Destacou por iso as recentes concesións das axudas para a modernización de frotas, entre elas a axuda par a instalación do tacógrafo de 2ª xeración, e tamén as ultimas concesións das axudas para a renovación de frotas, entre elas a subvención do achatarramiento.
As primeiras perseguen o obxectivo de incrementar a eficiencia destas empresas e do sistema de transporte por estrada, mediante a dixitalización, a sustentabilidade, a conectividade, a renovación dos sistemas e a introdución de novas tecnoloxías no sector. Nas segundas, o obxectivo é transformar as frotas favorecendo a descarbonización e a aposta por tecnoloxías verdes. A medida contou cun crédito inicial de 12,8 millóns de euros, que ante a boa acollida da iniciativa, foi incrementado en diferentes ocasións ata sumar preto de 30 millóns.
O apoio da Administración autonómica ao sector inclúe ademais a colaboración na formación dos seus profesionais e este ano o investimento alcanza os 500.000 euros nas subvencións anuais dirixidas á realización de actividade formativas para o colectivo do transporte en Galicia ofertadas por entidades colaboradas da Administración autonómica e integradas no Comité Galego de Transportes por Estrada. Por outra banda, Diego Calvo informou os representantes de Fegatramer que, entre as medidas postas en marcha polo Goberno galego dirixidas a este sector destaca o plan estratéxico para o desenvolvemento dunha rede galega de aparcamentos seguros para transpórteo de mercadorías co obxectivo de alcanzar 1.500 prazas. A Xunta, con esta actuación, busca mellorar os servizos aos transportistas na comunidade, sempre en coordinación con entidades públicas ou privadas, asociacións e administracións que compartan o mesmo obxectivo.
Deixa o teu Comentario