CAMBIO NA CANTIDADE DE DIAS DE REXISTRO DE TACOGRAFO QUE DEBE LEVAR O CONDUTOR
Novembro 25, 2024
Tal e como recolle o paquete de mobilidade da Union Europea, a traves de o Regulamento UE 2020/1054, a partir do próximo 1 de xaneiro de 2025, os condutores cuxo vehiculo este equipado cun tacografo, deberán xustificar nos controis na estrada as actividades do día en curso e os 56 días anteriores. No caso de vehículos con tacografo dixital, deberán presentar a tarxeta e todas as impresións que se visen obrigadas a facer nese período. No caso do tacografo analóxico, deberanse presentar os discos dos 56 días anteriores, e a tarxeta en caso de conducir algún vehículo con tacografo dixital.
A modificación recóllea o articulo 2 punto 12 do citado regulamento, que modifica á súa vez o artigo 36 do Regulamento UE 165/2014 como segue:
a) o apartado 1 modifícase como segue:
«i) as follas de rexistro do día en curso e os 56 días anteriores,»,
«iii) calquera rexistro manual ou documento impreso realizados durante o día en curso e os 56 días anteriores.»;
b) no apartado 2, o inciso ii) substitúese polo texto seguinte:
«ii) calquera rexistro manual ou documento impreso realizados durante o día en curso e os 56 días anteriores.».
Deixa o teu Comentario